O blog de Xosi http://xosimelide.nireblog.com Agricultura, arte, banda deseñada, cinema, globalización, música, narrativa, poesía... Un caixón de xastre como a vida mesma... E dende Melide. Fri, 04 Jul 2008 18:21:44 +0100 O blog de Xosi http://xosimelide.nireblog.com/imagenes/logo.png http://xosimelide.nireblog.com 109 http://nireblog.com Luthea Salom en Melide!! http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/07/02/luthea-salom-en-melide#comment-3041 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/07/02/luthea-salom-en-melide#comment-3041 Xosi Si, non damos abasto. O concerto de Bob Dylan estivo ben para ver ao Robert e para constatar que as declaracións de Quique Tello de que o tal Zimmerman tocaba de costas ao público eran certas nun terzo. Explícome. Dylan tocou todo o concerto de perfil, de maneira que todo o público que estaba á dereita do escenario viuno de costas, os que estabamos de fronte vímolo de perfil, e os que estaban á esquerda vírono de fronte. O mellor foron os temas clásicos que toco, como Like a rolling stone, e o supergrupo que o acompañaba; o peor, que non deixaron meter cámaras fotográficas e que o pobre vai tan vello que non colleu a guitarra en todo o concerto. Iso si, a súa voz colleu un aquel coa vellez que a fai moi suxestiva e singular. A ver cando teño un oco no blog para escribir un par de notas sobre este concerto...

]]>
Thu, 03 Jul 2008 07:32:20 +0100
Luthea Salom en Melide!! http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/07/02/luthea-salom-en-melide#comment-3030 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/07/02/luthea-salom-en-melide#comment-3030 riki Xosi, co teu permiso vou "cortar e pegar" os carteis anunciadores que tes na dereita do blog para poñer no meu, veña un saúdo, vaia concertazos non, que tal Bob Dylan)

]]>
Wed, 02 Jul 2008 10:11:55 +0100
Un pequeno descanso http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/24/un-pequeno-descanso#comment-3024 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/24/un-pequeno-descanso#comment-3024 Xosi Púxenllo unha vez a Vanessa de Santiso, e póñocho a ti agora, Luísa: esváranme os dedos no teclado de tanta baba que me caeu. Creo que tes razón niso de que teño présa de que chegue o futuro; agárdoo con moita impaciencia, pois teño certas débedas pendentes comigo mesmo que agora non procede enumerar.
En canto ao tipo de letra, é a que utilizo en cartas e outro tipo de escritos nos que me podo parar; a miña letra normal, de andar por casa, non é tan rechamante. Se cadra, a letra que viches, máis que xenialidade podería expresar pretenciosidade... En calquera caso, a ninguén lle amarga un doce, e esa interpretación que fixeches é todo un afago co que disfrutei ben. Moitas grazas.

]]>
Mon, 30 Jun 2008 08:45:12 +0100
Un pequeno descanso http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/24/un-pequeno-descanso#comment-3013 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/24/un-pequeno-descanso#comment-3013 cuspedepita Ola, Xosi, chegoume onte a tarxeta de Vázquez Pintor :-) Moitísemas gracias !!
Chamoume moito a atención a túa letra, tes unha letra moi orixinal, con rasgos moi particulares.
Vouche dicir o que me dí a miña intuición á vista dela, pero ten en conta que non son grafóloga nin nada parecido, é so unha intuición e ás veces equivócome.
Creo que unha persoa que escribe así ten que ser unha persoa con un alto grado de xenialidade (¿o típico xenio despistado ou algo así? Xa sei que dirás que non ;-)) pero que non o sabe ou non se valora a sí mesmo desa maneira (por iso diras que non ;-)) e que ten presa de que chegue o futuro (a túa sinatura é coma a traxectoria dun cohete espacial que despega).
¿Gustouche a miña interpretación ? ;-)

Agardo que descanses, que te recuperes axiña e poidas dar cabo das malas herbas ;-)

Apertas para ti e para os teus.

]]>
Fri, 27 Jun 2008 23:22:42 +0100
Un pequeno descanso http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/24/un-pequeno-descanso#comment-2994 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/24/un-pequeno-descanso#comment-2994 paideleo Pois que teñas un proveitoso descanso.

]]>
Tue, 24 Jun 2008 22:53:04 +0100
Gonzalo http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/17/gonzalo#comment-2974 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/17/gonzalo#comment-2974 O teu tío Pepe Deixemos as cousas claras, Zalo. Agora que vas xogar en Segunda B, esixo que os viños do Mandil vaian acompañados dunha boa ración de polbo. Xa ves que rebaixo moito as miñas esixencias, ¿ou non lembras que o noso pacto segredo consistía en que, se fichabas polo Real Madrid, tiñas que mercarme un globo aerostático?
En fin, meu. De gracias, nada, que aínda podía escribir moito máis. Teño demasiados intres inesquecíbeis na memoria dos meus dous sobriños favoritos. Aos teus cogomelos habería que engadir as primeiras brazadas que deu Cristovo na piscina de Toques baixo a miña supervisión. Toda unha fazaña se temos en conta que herdou o ADN das Cea, o cal significa unha aversión instintiva á auga e a incapacidade natural para aprender a nadar...
Pero calo. Cun par de viños enriba de seguro que aínda falo máis. E heinos pedir dos caros ¡je, je, je!

]]>
Wed, 18 Jun 2008 20:47:15 +0100
Gonzalo http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/17/gonzalo#comment-2970 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/17/gonzalo#comment-2970 zalo moitas gracias por ese estupendo resumo do partido.non se che olvida detalle algún,agora o día que vaia a melide tocarame pagar uns viños no mandil.ah! que me esquecia,por suposto que aínda conservo a peza de cerámica coa que poido asubiar.gracias,un abrazo para ti e outro para soqui e breixo

]]>
Wed, 18 Jun 2008 10:42:28 +0100
Novena entrega de H http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/13/novena-entrega-de-h#comment-2966 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/13/novena-entrega-de-h#comment-2966 batman strikes back E...
...ese un...
non será o xusticieiro das copas que se adicou co seu colega o carniceiro e o noso protaghonista H, a limpar de merda a zona dos pubs nos 90?.
...the answer is blowing in the wind...
...la, la, la!

]]>
Tue, 17 Jun 2008 15:20:18 +0100
Novena entrega de H http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/13/novena-entrega-de-h#comment-2961 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/13/novena-entrega-de-h#comment-2961 un extra extra extra, exclusiva, batman pode que sexa pietro pandurini
eu estou con batman, os que fan as comparacións falocráticas teñense que ir mirar o vitrinario, que igual son eles "los que cojean" jajajaqja veña, xa me tarda a próxima entrega de "h" noraboa artistas¡¡¡

]]>
Mon, 16 Jun 2008 14:55:18 +0100
Novena entrega de H http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/13/novena-entrega-de-h#comment-2959 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/13/novena-entrega-de-h#comment-2959 BATMAN O Que pasa é que hai moita envexa e moito maricuela que se quere camuflar a súa falta de testosterona botándolle á culpa ós demáis e mirando cara o outro lado, non si?.
Porqueeee...
...Quén carallo fixo as interpretacións dos debuxos???
...Seica se documentou dabondo como para aseverar tales conclusións?
...Ou non será que esas lecturas son produto dunha mente enferma, purulenta, que busca a sublimación das súas obsesivas perversións individuais mediante a descalificación do autor?.

Porque...
... Onde se atopa a enfermidade, no que actúa... ou no ollo do que mira...?

E pòlo de agora, abonda xa.

Mañá máis e mellor...
... e vive Deus que vos ides cagar!

Batman

Pd.: Non me esquezo do tal Xabi...
...A todo porco lle chega o seu San Martiño!

]]>
Mon, 16 Jun 2008 13:01:25 +0100
Novena entrega de H http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/13/novena-entrega-de-h#comment-2958 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/13/novena-entrega-de-h#comment-2958 Xabi A este Pedro cada vez chovelle mais, estou seguro que antes de debuxar o comic para no En-cu-lar para visitar ao "paquete" do axente Blanco e asi lle sexa mais facil a visita dos "musos". Outra teoria seria os viños que toma antes de porse a debuxar, pero ese é outro tema.

]]>
Mon, 16 Jun 2008 10:26:38 +0100
O ladrón de palabras http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/09/o-ladron-de-palabras#comment-2944 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/09/o-ladron-de-palabras#comment-2944 cuspedepita Moitas grazas, Xosi. Agardoa impaciente.

]]>
Fri, 13 Jun 2008 23:31:27 +0100
Sétima entrega de H http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/30/setima-entrega-de-h#comment-2938 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/30/setima-entrega-de-h#comment-2938 Xosi Outra posibilidade é pechalo con chave dentro do armario para que non saia...

]]>
Fri, 13 Jun 2008 08:29:28 +0100
Sétima entrega de H http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/30/setima-entrega-de-h#comment-2932 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/30/setima-entrega-de-h#comment-2932 Xabi Sobre o comentario da homosexualidad do Pedro, non poderia estar mais de acordo. Despois de moitos anos coñecendoo eu creo que soamente lle queda sair do armario, pero co indeciso que é alguén tera que botalo a patadas!

]]>
Thu, 12 Jun 2008 11:22:34 +0100
O ladrón de palabras http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/09/o-ladron-de-palabras#comment-2912 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/09/o-ladron-de-palabras#comment-2912 Xosi Son agora as 9:50 do martes, 10 de xuño, e aínda hai unha tarxeta de Vázquez Pintor sen dono...

]]>
Tue, 10 Jun 2008 08:51:05 +0100
O ladrón de palabras http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/09/o-ladron-de-palabras#comment-2911 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/09/o-ladron-de-palabras#comment-2911 paideleo Eu xa non mando mensaxe que supoño que xa recibiches algún.
Un saúdo.

]]>
Tue, 10 Jun 2008 00:03:57 +0100
O ladrón de palabras http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/09/o-ladron-de-palabras#comment-2909 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/09/o-ladron-de-palabras#comment-2909 Chousa da Alcandra Con avogado defensor, acusado e algún culpable xa confeso e dado por notificado, coido que nesta xusta somente falta un secretario que dea fe do ágape que trazades. Presto vos ofrezo a miña pluma para tal menester. Contade comigo no "doce" para espetar as talladas que me toquen en gracia e levantar acta ad hoc
Dura lex, sed lex...

]]>
Mon, 09 Jun 2008 23:02:35 +0100
O ladrón de palabras http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/09/o-ladron-de-palabras#comment-2906 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/09/o-ladron-de-palabras#comment-2906 Xosi Pois fuches a primeira en enviarme unha mensaxe. Así que unha das tarxetas de Vázquez Pintor sairá en breve por correo cara á Fonsagrada.

Só queda unha...

]]>
Mon, 09 Jun 2008 22:05:40 +0100
O ladrón de palabras http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/09/o-ladron-de-palabras#comment-2905 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/09/o-ladron-de-palabras#comment-2905 cuspedepita Eiiiii ! Eu xa mandei a miña mensaxe... A ver se chega a tempo, senón seguirei envexándote igual ca antes e agardando no futuro ter oportunidade de facer o mesmo ca ti, ou conseguir que ti o fagas por min, que vexo que te das moita maña ;-))

Biquiños para ti, para o Breixo e para a vosa alcaldesa, que fixo un discurso coma para quitarse o sombreiro ;-)

]]>
Mon, 09 Jun 2008 19:57:03 +0100
O ladrón de palabras http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/09/o-ladron-de-palabras#comment-2903 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/09/o-ladron-de-palabras#comment-2903 Manuel Busto Doume por avisado. E acepto a pena que se me impón, se na aceptación voluntaria se me redime de ter que arrincar as patacas coas mans (entereime ese día de que en Cambados moita xente o fai desa maneira, pois a terra é moi farelenta). Asumo a parte proporcional das costas, que libradas en talladas han dar boa conta do cefalópodo gorentoso.
Poño ligazón desta entrada para abundancia do meu último post.
Unha aperta para os que tecedes esa arañeira de boa camaradería. E para o Breixo.

]]>
Mon, 09 Jun 2008 19:17:25 +0100
O ladrón de palabras http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/09/o-ladron-de-palabras#comment-2901 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/09/o-ladron-de-palabras#comment-2901 Xosi Non o dubidarei. Cando necesite un avogado, chamareite Cuco. Ata me convenciches a min, que me cría culpable. Oes, estou de acordo con esas penas de traballos forzados e, sobre todo, coas custas do procedemento. Haberá que notifircárllelo aos encausados...

]]>
Mon, 09 Jun 2008 16:27:43 +0100
O ladrón de palabras http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/09/o-ladron-de-palabras#comment-2900 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/06/09/o-ladron-de-palabras#comment-2900 CUCO DE PAMBRE Amigo Xosi, ante a confesión pública das túas fechorías, non me queda máis remedio que asumir a túa defensa en cumprimento da promesa que che fixen o pasado sábado en Melide.

Para comezar o meu alegato dicir que nos anos da miña profesión nunca asumín tarefa tan sinxela, resultando evidente que ti non es un ladrón de luva branca, senón que es o "Robin Hood do Bocelo", o "Curro Jiménez da Serra do Careón" que non fas máis que cumprir ca túa obriga ao repartir os moitos "tesouros" que vas pillando polos camiños cos pobres coma min. Polo tanto, e aínda que iso poida custarme unha sanción, animarche a que continues o labor que neste intre faime disfrutar do discurso da señora Alcaldesa, aínda que teño que dicir que en directo e coa emoción que desprendían as súas verbas aínda acadaban maior forza.

Na túa defensa contamos con outro argumento que non pode descoñecer o Tribunal, que unhas mans que coidan tan cariñosamente do Breixo non poden facer dano algún.

E para rematar, e como argumento xa definitivo, son testemuña que tanto nos sucesos de Agolada como nos de Melide, fuches "inducido" por un grupo de blogueiros que son os verdadeiros culpables das túas fechorías, polo que deberás coidar as compañías.

Coñecendo os causantes reais dos feitos, e nun ánimo meramente rehabilitador debemos pedir para eses blogueiros como pena a imposición de traballos en beneficio da comunidade: cando levantes as patacas avisaos para que che vaian a axudar. As custas do procedemento, deberán ser impostas aos devanditos blogueiros, e faranse efectivas mediante invitación a unha boa pulpada a próxima “Feira do Doce”, acompañada de bo viño do ribeiro, aínda que as xerras e as cuncas serán da túa achega (desas que tes gardadas nas caixas do fallado) o que nos permitirá a tódalas partes conservar un bo recordo do noso benefactor.
É xustiza.

]]>
Mon, 09 Jun 2008 15:54:36 +0100
Horticultureta http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/28/horticultureta#comment-2888 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/28/horticultureta#comment-2888 xoan Si señor. Iso é aprobeitar o tempo e o mp3. Eu adoito empregalo ao pasar a aspiradora con rock ´n roll a toda pastilla (polo ruido máis que nada).
O dos audiolibros haberá que probalo, non para pasar a aspiradora, pero si mesmo para ir no carro. Os que non temos horta, maís que de maceta, temos que idear outras historias.
Unha aperta

]]>
Thu, 05 Jun 2008 22:39:34 +0100
Apóstolos da memoria http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/31/apostolos-da-memoria#comment-2862 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/31/apostolos-da-memoria#comment-2862 vicente Xa temos cousas en común, ser blogueiros e blogueiras, e compartir as sensacións e imaxes que nos deixou a xornada dese domingo 31 de maio, inesquecible, en Agolada. Apertas, saúdos, saúde e felicidade. Ata a próxima.

http://www.blogoteca.com/vicentemontoto/index.php

Vicente Montoto, autobiografía.

]]>
Tue, 03 Jun 2008 20:46:52 +0100
Apóstolos da memoria http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/31/apostolos-da-memoria#comment-2855 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/31/apostolos-da-memoria#comment-2855 juanjo Pois si.
Luis, Ángel, Manolo, as mozas :) todas dos Pendellos, acolléronnos

Vazquez Pintor é o elo da cadea da palabra, dende que escoitou a Pedraio

Os Pendellos son o elo da memoria, que non debe ser candado nunca

Fantástica representación Melidense,

juanjo

]]>
Tue, 03 Jun 2008 15:27:54 +0100
Apóstolos da memoria http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/31/apostolos-da-memoria#comment-2854 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/31/apostolos-da-memoria#comment-2854 insomniorizar. bágoas insomnes Seino, xa o dixen noutros comentarios, o sabdao foi xigante, foi fermosísimo, o espazo, as xente, máis soubo a pouco!

teremos que ir pensandpo en atoparnos prontiño, xa que quedaron moitas cousas por contarmos!

Co teu permiso Xosi, non puiden evitar ter un pouquiño de envexa do teu tesouro, e non parei ata facerme co puño e letras do maestro, espero que me desculpes! je!
eu quedeime cun bico do leo, que me dou a beira do embigo dunha sobreira!

un pracer!

]]>
Tue, 03 Jun 2008 13:38:38 +0100
Apóstolos da memoria http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/31/apostolos-da-memoria#comment-2852 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/31/apostolos-da-memoria#comment-2852 paideleo É verdade que a xente de Agolada se portou de marabilla connosco e o Leo desfrutou con toda esta familia virtual.

]]>
Mon, 02 Jun 2008 22:53:11 +0100
Apóstolos da memoria http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/31/apostolos-da-memoria#comment-2851 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/31/apostolos-da-memoria#comment-2851 paideleo É verdade que a xente de Agolada se portou de marabilla connosco e o Leo desfrutou con toda esta familia virtual.

]]>
Mon, 02 Jun 2008 22:52:59 +0100
Apóstolos da memoria http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/31/apostolos-da-memoria#comment-2850 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/31/apostolos-da-memoria#comment-2850 Luis Viñas Foi un pracer coñecervos un pouco, compartir, descubrirnos no mellor dos sentidos. Que a vena creativa non pare nunca e que este encontro sexa só un comezo.
No seguinte enderezo podedes ollar algunhas fotos do encontro

http://picasaweb.google.com/lvinhas6/Xuntanzablog

unha aperta

]]>
Mon, 02 Jun 2008 17:46:56 +0100
Apóstolos da memoria http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/31/apostolos-da-memoria#comment-2849 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/31/apostolos-da-memoria#comment-2849 insomniorizar Estou con Cuspe de pita, en resaltar esas verbas. Quedei entusiasmada con personaxes coma a zanfonista, con DÄgolada, as beiras do arnego, cousas de min...

Eu sempre penso que esperanza ai, tan so fai falta chamar dela!

]]>
Mon, 02 Jun 2008 13:20:56 +0100
Apóstolos da memoria http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/31/apostolos-da-memoria#comment-2847 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/31/apostolos-da-memoria#comment-2847 A zanfonista Grazas por publicar as fotos da xuntanza quedaron ben chulas. Seguirei a ler oteu blog que paréceme moi interesante. Saúdos.

]]>
Mon, 02 Jun 2008 12:31:44 +0100
Apóstolos da memoria http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/31/apostolos-da-memoria#comment-2843 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/31/apostolos-da-memoria#comment-2843 cuspedepita Extraordinaria crónica, da que suscribo todo e rescato en especial estas palabras:
"A mocidade que vin n’Agolada fíxome volver caer na ilusión de que, a pesar de los pesares, segue a haber esperanza para a supervivencia deste pobo chamado Galiza"
Saúdos

]]>
Mon, 02 Jun 2008 08:42:37 +0100
Apóstolos da memoria http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/31/apostolos-da-memoria#comment-2837 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/31/apostolos-da-memoria#comment-2837 Manuel Busto Amigo Xosi: Síntome obrigado contigo polas palabras tan garimosas e cheas de loanzas que nos dedicas a Asociación, a Pintor, á Xuntanza e a min. Grazas, por tanto.
Vémonos o sábado na homenaxe da AELG, Melide e os amigos a Pintor e podermos seguir na tarefa do coñecemento mutuo.
Onte foi un día extraordinario desde a miña perspectiva. Hoxe síntome canso e cunha profunda resaca anímica por tantas sensacións experimentadas ao longo da xornada. Todas positivas e engaiolantes.
Ata o sábado.
Apertas para ti e os teus.

]]>
Sun, 01 Jun 2008 21:52:15 +0100
Apóstolos da memoria http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/31/apostolos-da-memoria#comment-2836 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/31/apostolos-da-memoria#comment-2836 Chousa da Alcandra Fago miñas as tuas palabras nese ben escrito recoñecemento á xente da Asociación Os Pendellos de Agolada e tamén a ese mestre da palabra que é X. Vázquez Pintor (eu cacheite cando te facías co tesouro...).

Todo un pracer.

]]>
Sun, 01 Jun 2008 19:51:17 +0100
Máis pendelleiro cós agolenses http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/26/mais-pendelleiro-cas-agolenses#comment-2816 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/26/mais-pendelleiro-cas-agolenses#comment-2816 Manuel Busto Vexo que tes unha traxectoria profesional certamente interesante. Pero no teu currículo destaca ese pasado de feirante de artesanía nos Pendellos. Grazas por este post, que me a sabe a mel dese que se garda nos cuncos que ti cocías.
Uha aperta e ata o sábado.

]]>
Tue, 27 May 2008 09:55:30 +0100
Máis pendelleiro cós agolenses http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/26/mais-pendelleiro-cas-agolenses#comment-2815 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/26/mais-pendelleiro-cas-agolenses#comment-2815 Xosi O tempo pasa, Paideleo. Agora, as únicas cuncas que ergo van cheas de viño. Aínda menos mal...

]]>
Tue, 27 May 2008 08:40:40 +0100
Máis pendelleiro cós agolenses http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/26/mais-pendelleiro-cas-agolenses#comment-2812 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/26/mais-pendelleiro-cas-agolenses#comment-2812 paideleo Bo escritor e bo oleiro que saíches e iso non é ningún castelo no aire.

]]>
Mon, 26 May 2008 22:26:39 +0100
De fanático intransixente a babiolo http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/21/de-fanatico-intransixente-a-babiolo#comment-2778 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/21/de-fanatico-intransixente-a-babiolo#comment-2778 paideleo Precioso texto.
Mágoa de quen ten que lelo non o vai facer.

]]>
Thu, 22 May 2008 00:29:55 +0100
O paporroibo http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/14/o-paporroibo#comment-2706 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/14/o-paporroibo#comment-2706 paideleo Preciosas fotos dun feito natural e fermoso.

]]>
Thu, 15 May 2008 23:22:19 +0100
O pranto das patacas http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/13/o-pranto-das-patacas#comment-2693 http://xosimelide.nireblog.com/post/2008/05/13/o-pranto-das-patacas#comment-2693 paideleo Agora xa non pero cando miraba á avoa Celia fender tacos de madeira quedaba eu marabillado do xeito que lle daba.
Esta xente, como a túa Carmiña, dá gusto e son un exemplo a seguir.

]]>
Tue, 13 May 2008 23:06:36 +0100