Trilingüísmo psicópata
xosi @ 07:00
A ousadía do novo Goberno da Xunta tenme remexido profundamente as tripas en demasiadas ocasións: recortes millonarios en educación e sanidade para financiar con máis de 40 millóns de euros a Cidade da Cultura (onde están agora os ataques planificados e demoledores de La Voz de Galicia?), ou a agresión desapiadada contra o idioma galego executada por ese sicario chulesco, doente de xordeira crónica, que responde por Jesús Vázquez Abad. Pero unha nova que vin hoxe en A Nosa Terra deixoume abraiado. O paroxismo por xustificar a execución sumaria do idioma galego en aras dun trilingüísmo harmónico e estratosférico levou á TVG a emitir os Teletubbies, unha serie infantil deseñada para espectadores entre 0 e 4 anos, en versión orixinal (inglés) con subtítulos en galego. Sobra dicir que os nenos de catro anos ou menos non saben ler aínda. Para que comentar nada máis? Trilingüísmo demencial e psicópata cunha soa misión: asasinar a nosa lingua.

Chúzao
del.icio.us







Un Comentario »
Mira que ben: agora van aprender a ler en galego.
Estes políticos teñen cada unha...
Deixar un Comentario