Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Sacrificio real

xosi @ 07:11

Estamos salvados. A crise xa non vai ser o que era. Tiña que ser un goberno socialista quen asumise tan arriscada e revolucionaria decisión: á Casa do Rei conxeláronlle a asignación económica anual da que dispón grazas ao peto de nós, os contribuíntes. Desta maneira, Xoán Carlos e a súa familia terán que conformarse coas mesmas migallas do ano pasado: 8’9 millóns de euros, ás penas 1.500 millóns de pesetas. A cousa ten aínda máis mérito do que aparenta a simple vista, pois a conxelación do salario real veu a proposta dos propios monarcas. Pobriños. Cuán enorme sacrificio, vosa maxestade! Divina monarquía, por riba do ben e do mal, por riba de crises e bonanzas, máis alá das nosas mans e do noso entendemento.Coma aquel rei que se deu en chamar Sol, inalcanzable. Tan sublime que aínda me segue sen cadrar que este fato de sambesugas lacazanas siga empoleirado no cume dun sistema seica democrático.

384-rei-crisis-what-crisis.gif

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(3) »

#1
panduriño

Un artigo moi oportuno, que non por breve deixa de ser menos "real".
Impresionante a fotomontaxe!
Por favor, prego que alguén faga algo con toda esa ralea vampírica chamada monarquías (reapertura de Auschwitz, seica?)

#2

A solución inventárona os franceses hai algo máis de douscentos anos e leva a sinatura de Monsieur Guillotine... No Reino Unido, non tan dados ás florituras coma os seus veciños da outra beira do Canal da Mancha, solucionaban este tipo de problemas "a machado".

#3
OLama

O que oh!!!, coitadiños, probes, eu o que facía con eles e poñelos a traballar para recuperar todo o que teñen dilapidado das arcas do estado. Pero non a picar pedra que che hai traballos ben peores, senón que llelo pregunten ós millóns de nenos que se adican a diario a remexer nos vertedoiros de todo o mundo na procura de algún obxecto que poidan trocar a cambio de un anaquiño de pan que levar á boca, ou ós que extraen o dichoso Coltán...... iso é!!, a extraer Coltán ó Congo mandávaos

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>