Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Veño de ler un poema de Antonio Gamoneda que me marabillou. Trátase dun poema de amor nos tempos escuros e difíciles da dictadura franquista que atopei no seo do libro Blues Castellano, obra escrita entre 1961 e 1966, pero non publicada ata 1982 por motivos de censura. O poema titúlase Libertad en la cama, e di así:

Todos los días salgo de la cama
y digo adiós a mi compañera.
Vean: cuando me pongo
los pantalones
me quito
la
libertad.
 
Cuando llega la noche, otra vez
vuelvo a la cama y duermo.
 
A veces sueño que me llevan con las manos atadas,
pero entonces me despierto y siento la oscuridad,
y, con el mismo valor, el cuerpo de mi mujer y el mío.

A lectura que eu fago destes versos é a do amor como espazo de liberdade, de resistencia contra unha realidade social atroz. A súa forza reside en que durmir xunto á muller amada esíxelle ao poeta o mesmo valor que enfrontarse á represión, como se esa aperta nocturna para ceibarse abrazados no sono fose un acto subversivo, un cóctel molotov nos fociños do réxime. Sen saírmos do mesmo poemario, Gamoneda redunda nesa visión do amor en versos como:

Mi manera de amar es sencilla:
te aprieto a mí
como si hubiera un poco de justicia en mi corazón
y yo te la pudiese dar con el cuerpo.

A calor dunha aperta como reducto de resistencia, de xustiza e liberdade, fronte ao mundo. Sempre nos quedará París.

376-antonio-gamoneda.gif


Chúzao | del.icio.us

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>