Para Xosé Henrique, Xulio e Aldán
xosi @ 23:22Este non é un blog de moitos visitantes. Temos poucos, pero bos. Se cadra, non chegamos á ducia entre os seareiros habituais. Tanto dá. Vén a conto esta evidencia porque quería dedicar a presente entrada a dous lectores impertérritos das miñas disquisicións. Un deles é o H. Anda por terras de Chavela Vargas, como ben testemuña o localizador xeográfico de visitas desta páxina, con México na segunda posición do podio. O outro é o maior dos irmáns Álvarez e vive máis preto de aquí, na capital herculina. Foi este último, precisamente, quen me suxeriu a posibilidade de publicar na rede algunha creación literaria, que é o que me dispoño a facer agora. Por que falei, xa que logo, destes dous fulanos sen vir a conto? Porque elixín uns versos, intitulados Alborada para Breixo, que pensei lles poderían gustar. Máis que nada porque ambos se meteron antonte coma quen di, do mesmo xeito ca min, na azarosa aventura de ser pais. De Xosé Henrique, o primeiro; de Xulio e Aldán, o segundo. Para eles van, que nós, aos nosos anos, temos o ego con menos líbido ca unha pedra.
Alborada para Breixo
I Sinto a túa chamada na hora primeira da alba e acudo para terte no colo para poder darte apertas de pexego no colo e ver esa primeira mirada que lle botas ao día, esa primeira mirada da mañá que lle botas á vida. É tal a transparencia na que transloce esa mirada que xa nin o día importa. Só este intre, só a clara conciencia, só a miña mirada na túa cada vez que sinto a túa chamada.II Ma é o primeiro son que articulan os beizos do noso fillo ao espertar, como se a palabra tivese poder para convocar aquilo que máis amamos.


Chúzao
del.icio.us







Un Comentario »
Chochi, tío, reafírmome na idea de que es un crack!.
Deixar un Comentario