Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Non saio do meu abraio (desculpas pola rima; se cadra, podería ter optado por estupefacción, pero, daquela, produciríase unha redundancia semántica co traficante de estupefacentes da banda deseñada; aglaio descarteina por caer na mesma aberración rítmica e ser de menor uso oral; asombro e pasmo eran demasiado castelás para o meu patriotizado gusto. En calquera caso, e a pesares da deficiencia formal con que o fixen, creo que logrei comunicar que estou abraiado, ¿non si?). O caso é que hoxe, como cada venres pola mañá, Pedro Panduriño veu importunarme coa súa entrega semanal de H (o tipo lévao en serio iso das entregas, de verdade. Cada venres, puntualísimo, vén con unha. Calquera ha pensar que cobra por facer o que fai...) Se alguén coñece un pouco da condición humana deste fulano, do Pedro Panduriño, saberá que o home é gafe e chambón (torpe, se utilizamos a lingua do imperio), a máis non poder, características que, de cotío, se unen e entrecruzan en cada un dos seus actos. Deste xeito, era do máis normal que, calquera venres, ao petar na porta da miña casa a horas tan intempestivas como as oito da mañá, me pillase durmindo na cama, ou loitando contra unha galerna descompositiva no retrete, ou cepillándome os dentes coa escuma a pingarme noxentamente pola barba, ou gozando da miña ducha trimestral, ou no tránsito de calquera acción que clamase por un pouquiño de intimidade e sosego. Xa que logo, xa me sentín un pouco abraiado cando hoxe petou á miña porta e non estaba a facer ningún acto comprometido nin comprometedor. Mais ese abraio inicial non foi nada en comparación co que sentín cando tiven a cuadraxésimo terceira entrega de H nas miñas mans. O pulso comezoume a tremer, sentín unha suor fría xurdir por cada poro da miña derme, ás de morcego revoándome no bandullo, electrizantes arreguizos sacudíndome con puñadas de cóxegas a caluga, a pel de galiña, a miña ubicua pelame -dispensando a azotea- de punta. Non era para menos. Volvín mirar para a entrega de hoxe e os meus sentidos non me enganaban. E é que a cuadraxésimo terceira entrega de H ¡¡¡¡TIÑA DIÁLOGO!!!! ¡¡¡¡NON HABÍA HOSTIAS!!!! Cando logrei recuperarme daquel estado subxugante, parello ao arroubo místico dun anacoreta no deserto entregado a anos de privacións, silencio e oración, o Panduriño xa desaparecera. Sen tropezar, sen tirar nada, sen romper ningún obxecto rompible, sen interromper o máis insignificante acto da miña vida. Dentro dunhas horas, cando volva da consulta do psiquiatra, subirei a entrega ao blog. Ata entón, déixovos a imaxe da vila costeira de Millí celebrando, por todo o alto, esta viraxe no seu cómic. Non é para menos.

331-fogos-artificiais.gif

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(3) »

#1
panduriño

...Vale!
...Capto a mensaxe!
A próxima vez que che vaia entregar a páxina, lembrarieme de levar cando a min un rolo de papel hixiénico!!

#2

Pois non a captaches, langrán. O que quero é que, cada tres meses, veñas coa esponxa e te metas comigo na ducha para darme unhas fregas. mmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm....

#3
gorila

alaaa! por unha vez que o Panduriño deixa de repartir tortas... Entendo a Xosi, é normal que este en estado de shock. seguro que H vai ter argumento e todo!.

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>