Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

amencer-4.gif

A primeira vez que escoitei A casa do sol nacente (The house of the rising sun) foi na celebérrima versión dos Animals, con esa voz negroide de Eric Burdon, os teclados insolentes de Alan Price e os arpexos, orixinais para a época, do guitarrista Hilton Valentine. Despois viría a máis comedida pero, se cadra, máis estremecedora, cantada por Joan Baez que, a pesares da orde en que me chegou, é anterior no tempo.

Este amencer cachado amosa en primeiro plano a un dos meus peores inimigos á hora de fotografar o nacente, esa casa que, agora no inverno, está sempre plantada no medio do encadre, xustiño polo punto onde o Lourenzo asoma os fociños.

Investigouse moito sobre a casa que deu orixe a esta canción tradicional, sendo candidatos antros de mala morte e perdición e chegando a relacionarse o seu nome con prostíbulos. Nada que ver co caso que nos ocupa: que me esmague boa parte dos encadres non dá pé a que difame esta lamentable expresión da arquitectura popular do noso tempo.

De todos xeitos, e ás veces, como na imaxe coa que abrín este post, a inconmensurable beleza do abrente asolágao todo, ata o feísmo máis feo co que a fealdade urbanística nos poida cuspir na cara.

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(7) »

#1
riki

tremenda peza , moi boa tamén a versión que fixo o ex de Barón Rojo, J.L.Campuzano "Sherpa" no seu regreso ó rock fai uns anos, do disco "Guerrero en el desierto".

#2

Certo. Teño que confesar que esa versión do Sherpa puxérama o Panduriño unha vez na súa casa, pero esquecinme de citala no post. Grazas por lembrarma.

#3
Arsenio Lupin

Me encanta, y ese sonido de órgano "Hammond" es la pera.

#4
Arsenio Lupin

.... por cierto, me cogí "Germinal" en la biblio :-)

#5

Pois agarda polas novas recomendacións librescas que teño entre mans. Vas flipar. Ghe, ghe, ghe...

#6

Faiche ben tempo que non escoitaba este tema ! E haiche ben anos que o escoitei por primiera vez ! ;-)

A foto é unha pasada, pero aposto a cabeza que nada parecido a estar alí nese momento. Da gusto espertar así.

Bicos para vostede e maila family

#7
panduriño

Pois si, a versión de Sherpa é de puta madre. realmente, o único que se salva do disco citado polo Riki.

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>