E Deus marcouse un só de batería
xosi @ 08:58Aconteceu o 29 de agosto, cara ás oito do serán. Breixo aínda estaba a durmir a sesta. Arroiaba de trebón, cando, de súpeto, comezou a escoitarse un estrépito in crescendo que derivou nunha especie de terremoto co epicentro na troposfera. Antes de ver as pedras de sarabia do tamaño dunha pelota de pimpón pensei: deulle a Deus por marcarse un só de batería no tellado da miña casa. Nin que dicir ten que tan divino como estrondoso baqueteo fixo acordar ao neno. Xuntos contemplamos, a través da ventá e cun pouquiño de medo, como o meirande dos fenómenos mundanos, a pesares das nosas elucubracións esotéricas e metafísicas, acaban tendo unha explicación científica.


Chúzao
del.icio.us







Comentarios(4) »
Es extraña esa fecha del 29 de septiembre :-).
Uno de mis recuerdos más antiguos (calculo que unos 3 años) es una granizada similar en la que mi hermano y yo salimos después, no nos creíamos que pudiera ser cierto, e incluso lamíamos aquellas piedras que "daban agua"....
Por cierto, empecé "A ponte sobre o Drina", y es de lo mejor que leí últimamente. Mira esto (incluye fotos): http://tinyurl.com/6zkspt
Grazas. Si que era estraña esa data. Corrixida está.
Vaia bechos !.
Moi ilustrativa a foto ao comparar a sarabia coa moeda e co móbil. Con ese tamaño tivo que causar danos en colleitas, coches e tellados. Aquí caeu pero con sarabia de menor tamaño, iso si, máis grande có que é normal.
Un saúdo
Deixar un Comentario