Muller-bomba en Palestina
xosi @ 08:41O texto que comparto con vós é do ensaísta, escritor e fillo adoptivo do mundo árabe, Santiago Alba Rico, extraído do seu libro Torres más altas (La Tapadera, Valencia), e leva por título Bomba. A ilustración intitulada A morte dun soño pertence á artista británica Paula Cox. Nacidas ambas nese inferno en vida que se chama Palestina, semella que estas creacións viñeron ao mundo para compartir un mesmo espazo; o azar que rexe os camiños da Rede fixo que o atopasen neste blog. Arte preñado de dureza, de dor e rabia, mais cuxa lectura e denuncia se fan hoxe máis necesarias que nunca.
Bomba
Durante unha das últimas incursións do exército israelí en Ramallah, os soldados, ben adestrados para seleccionar coidadosamente os seus obxectivos, non tiveron máis remedio que disparar sobre unha muller-bomba apostada entre os coches (ata ese extremo de baixeza chegaron os terroristas palestinos!). Esa muller levaba enriba material altamente explosivo que, de non telo evitado os certeiros disparos israelís, tería estoupado un tempo despois, durante a Intifada do ano 2014. A muller non só non ocultaba a súa carga, senón que a exhibía con fachenda, desvergoñadamente, fanaticamente, polas rúas da cidade. Esa muller estaba embarazada.


Chúzao
del.icio.us







Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario