Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

173-luthea-live.gifAcaba de chegar ás miñas mans o programa do primeiro Festival das Artes e das Letras de Melide, e sigo sen saír do meu abraio. Para empezar, sigo sen poder crer que Luthea Salom, afillada artística de persoeiros como David Bowie ou Lou Reed, vaia estar este mesmo sábado, 5 de xullo, no Cantón de San Roque coa súa guitarra acústica e a súa deliciosa e suxestiva voz. Para que non a coñeza, Salom é unha cantante medio canadense medio barcelonesa que, nestes intres, está a desenvolver o seu traballo na cidade de Nova Iorque. Se cadra, desta mestizaxe vén a singularidade do seu son, cun estilo e calidade moi semellantes aos dunha Alanis Morissette, coa que ten colaborado, mais gañando as súas cancións en frescura grazas a unha instrumentación de menos peso eléctrico cá da súa paisana de Otawa; se cadra, aí é onde deberiamos achar o sopro mediterráneo que a distingue.

175-retrato-luthea.gifEn canto ás letras, das que se poden descargar as traducións ao castelán na súa web, son intelixentes, plenas de independencia e vitalismo; nelas puiden advertir o afrontamento consciente desa loita que moitos libramos entre as arelas de sermos felices nun mundo tan contraditorio e inxusto coma este no que nos tocou vivir. Vaia como pedra de toque un anaco do texto dun dos temas máis potentes e logrados que, de seguro, tocará en Melide, Accidents: “Cantas feridas que lamber. / Cantos fracasos por comer. / Cantos accidentes, certamente! / Cantas mentiras, mentiras... / cando se está vivo. / Vivo para ver que primeiro haste enfrontar contigo mesmo / antes de saír aí fóra para salvar o mundo. / Vivo para aceptar as túas contradicións, / vivo para ver que isto é a vida. / Pero cantas guerras, / cantos correctos convertidos en incorrectos, / cantas mudanzas, / cantas razóns para estar morto. / Pero eu estou viva, / viva para ver que este mundo interior é todo o que temos, / e que nin o amor nin a relixión poden facer que fagamos as paces con el. / Viva para saber que nós somos o único camiño por percorrer”.

174-autorretrato-luthea.gifLuthea Salom recala en Melide grazas a que a pillamos no medio dunha xira pola Península da man da cadea FNAC para promover o seu novo álbum Sunbeam surrounder by winter. Así, Melide incluirase nunha tour xunto a cidades como Lisboa, Porto, Sevilla, Barcelona, Bilbao, Donostia ou Valencia. Tralo concerto na nosa vila, o único en Galiza, Luthea volvera cruzar o Atlántico para continuar por Estados Unidos, en cidades como Princenton (New Jersey), Burke (Virginia), ou en varias salas de Nova Iorque.

176-marcos-teira.gifSen desmerecer, haberá que citar tamén, no plano musical e jazzistico, a actuación o venres, 4 de xullo, do Marcos Teira Cuarteto; o sábado, 19 de xullo, a Acuña Jazz Band; e, unha semana despois, o 26 de xullo, o trío Sumrrá. A maiores destes egrexios expoñentes do jazz galaico, tamén mencionar, fóra desta programación, a visita dos Lamatumbá o 11 de xullo. Polo demais, o Festival das Artes e das Letras de Melide traerá canda si a realización da primeira Feira do Libro do Camiño de Santiago, a finais de mes. Certamente, desbordante, e iso que non falei das exposicións fotográficas e pictóricas, mostras de danza, etcétera.

Chúzao | del.icio.us

Comentarios(3) »

#1
riki

Xosi, co teu permiso vou "cortar e pegar" os carteis anunciadores que tes na dereita do blog para poñer no meu, veña un saúdo, vaia concertazos non, que tal Bob Dylan)

#2

Si, non damos abasto. O concerto de Bob Dylan estivo ben para ver ao Robert e para constatar que as declaracións de Quique Tello de que o tal Zimmerman tocaba de costas ao público eran certas nun terzo. Explícome. Dylan tocou todo o concerto de perfil, de maneira que todo o público que estaba á dereita do escenario viuno de costas, os que estabamos de fronte vímolo de perfil, e os que estaban á esquerda vírono de fronte. O mellor foron os temas clásicos que toco, como Like a rolling stone, e o supergrupo que o acompañaba; o peor, que non deixaron meter cámaras fotográficas e que o pobre vai tan vello que non colleu a guitarra en todo o concerto. Iso si, a súa voz colleu un aquel coa vellez que a fai moi suxestiva e singular. A ver cando teño un oco no blog para escribir un par de notas sobre este concerto...

#3

Vaia co festival de Melide.
Sabes ?. Chegoume a dedicatoria de Vázquez Pintor. Graciñas polo detallazo. Gústame a túa caligrafía.

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>