Undécima entrega de H
xosi @ 08:32Dicía no último post que a entrega de H desta semana publicaríase puntual Bob Dylan mediante. Mais ocorreu que o señor Robert Zimmerman foi o causante de que nos fose imposíbel publicala no prazo pactado; por se non abondase, o rato avariouse e tíveno que levar ao veterinario. Velaí vos vai, xa que logo, máis tarde ca cedo, o desenlace dese épico combate entre o axente Blanco e o anano, cal se de Aquiles e Héctor se tratase, empregando ambos o máis refinado e letal das súas artes guerreiras, todo un repertorio que ficará gravado con letras de ouro nos anais dos combates corpo a corpo da historia da humanidade. Vai tamén, de reforzo, este retrato do autor do cómic que, amabelmente, fixo un anti-fan da serie. Creo que é un boa imaxe desas que reflicten a alma do figurante. Cun autor así, ¿que historias podemos agardar?...
Créditos: Axente Blanco (Óscar); o anano (Guillermo Casado).
Continuará. A próxima entrega será o vindeiro venres, 4 de xullo.



Chúzao
del.icio.us







Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario