Un pequeno descanso
xosi @ 08:55
Unha convalecencia por enfermidade máis longa do que agardaba, a casa que se me vén enriba e unha nova vaga das hordas adventicias na miña horta, fixéronme tomar a decisión de darme unhas pequenas vacacións dunha semana no blog. O luns que vén, vémonos de novo. ¡Ah! Contade, no entanto, coa undécima entrega de H, coa que previsiblemente nos deleitará o afanoso Pedro Panduriño este venres. Portádevos ben e andade pola sombra...

Chúzao
del.icio.us







Comentarios(3) »
Pois que teñas un proveitoso descanso.
Ola, Xosi, chegoume onte a tarxeta de Vázquez Pintor :-) Moitísemas gracias !!
Chamoume moito a atención a túa letra, tes unha letra moi orixinal, con rasgos moi particulares.
Vouche dicir o que me dí a miña intuición á vista dela, pero ten en conta que non son grafóloga nin nada parecido, é so unha intuición e ás veces equivócome.
Creo que unha persoa que escribe así ten que ser unha persoa con un alto grado de xenialidade (¿o típico xenio despistado ou algo así? Xa sei que dirás que non ;-)) pero que non o sabe ou non se valora a sí mesmo desa maneira (por iso diras que non ;-)) e que ten presa de que chegue o futuro (a túa sinatura é coma a traxectoria dun cohete espacial que despega).
¿Gustouche a miña interpretación ? ;-)
Agardo que descanses, que te recuperes axiña e poidas dar cabo das malas herbas ;-)
Apertas para ti e para os teus.
Púxenllo unha vez a Vanessa de Santiso, e póñocho a ti agora, Luísa: esváranme os dedos no teclado de tanta baba que me caeu. Creo que tes razón niso de que teño présa de que chegue o futuro; agárdoo con moita impaciencia, pois teño certas débedas pendentes comigo mesmo que agora non procede enumerar.
En canto ao tipo de letra, é a que utilizo en cartas e outro tipo de escritos nos que me podo parar; a miña letra normal, de andar por casa, non é tan rechamante. Se cadra, a letra que viches, máis que xenialidade podería expresar pretenciosidade... En calquera caso, a ninguén lle amarga un doce, e esa interpretación que fixeches é todo un afago co que disfrutei ben. Moitas grazas.
Deixar un Comentario