Novena entrega de H
xosi @ 16:30Unha semana máis, H chega á pantalla dos vosos ordenadores. Máis violencia gratuíta, máis homazos de esgrevia fisionomía –bandullos e paquetes a esgalla ad maiorem gloriam da homosexualidade reprimida do autor-, e un guión antineuronal que atenta contra a intelixencia dos lectores de máis paupérrimo coeficiente intelectual. Podería abondar nas ostentosas pegadas da obsesión falócrata de Pedro Panduriño, pero o conto xa aburre. Supoño que, a estas alturas, todos vos decatariades de que o escudo da Polís, baseado nun cruceiro (¿que forma teñen os cruceiros, meus?), ten nel a un Pantocrátor (¿ou debería dicir falocrátor?) que sostén en ambas mans cadanseu obxecto apirolado onde os haxa: unha pistola, da que xa temos falado, e unha porra. ¿E que me dicides dos Bee Gees asasinos, ese protervo trío policial no que semella que se infiltrou o macarra amaneirado de Village People? Respecto deste último, o de bigote, se o cebamos un pouco sáenos o Ron Jeremy. Cravado. Todo encaixa.
Nembargante, a min o que máis me chamou a atención foi a última viñeta da primeira páxina desta entrega, ese primeiro plano de tres bocas babexantes, luxuriosas, lúbricas, lábiles, lascivas, promiscuas, voluptuosas... Estou vendo ao Pedro lambendo os seus beizos coa punta da lingua namentres debuxaba estas bocas coa man dereita –é destro- ao tempo que non se sabía por que ignotos currunchos da súa anatomía andaba coa esquerda.
Non quería deixarvos sen mencionar que, por fin, tras oito entregas, alguén tivo a ben deixar un comentario no blog respecto do cómic, o cal demostra que temos un lector cando menos, e que as dúas leitugas que lle din a Pedro o outro día en concepto de dereitos de edición por H vanme deixar en números vermellos, visto o éxito deste réprobo opúsculo gráfico (dispensando a aberrante esdruxulización). Comentaba o noso ínclito lector, a quen habería que facerlle un monumento polo seu estoicismo e bonhomía, que ao Pedro Panduriño cústalle saír do armario, polo que non estaría de máis axudarlle cun par de couces ben dados; eu propuxen, como alternativa antiséptica, pechar o armario con chave para que non dea saído del. En calquera caso, creo que este é un debate interesantísimo dadas a súa fondura e transcendencia, polo que animo a todos aqueles internautas que o desexen a deixar o seu grauciño de area na sección dos comentarios ou, se lles aburren os exercicios intelectuais opíparos, a insultar directamente ao comicastro que está a perpetrar H para ver se lle vén o sentidiño. Se non hai máis remedio, ata a semana que vén.
Créditos: Axente Blanco (Óscar Blanco); axente 1 (Buco); axente 2 (Ramón de Comercial Ares); axente 3 (Xabier Cabezudo). Continuará. A próxima entrega será o vindeiro venres, 20 de xuño.




Chúzao
del.icio.us









Comentarios(4) »
A este Pedro cada vez chovelle mais, estou seguro que antes de debuxar o comic para no En-cu-lar para visitar ao "paquete" do axente Blanco e asi lle sexa mais facil a visita dos "musos". Outra teoria seria os viños que toma antes de porse a debuxar, pero ese é outro tema.
O Que pasa é que hai moita envexa e moito maricuela que se quere camuflar a súa falta de testosterona botándolle á culpa ós demáis e mirando cara o outro lado, non si?.
Porqueeee...
...Quén carallo fixo as interpretacións dos debuxos???
...Seica se documentou dabondo como para aseverar tales conclusións?
...Ou non será que esas lecturas son produto dunha mente enferma, purulenta, que busca a sublimación das súas obsesivas perversións individuais mediante a descalificación do autor?.
Porque...
... Onde se atopa a enfermidade, no que actúa... ou no ollo do que mira...?
E pòlo de agora, abonda xa.
Mañá máis e mellor...
... e vive Deus que vos ides cagar!
Batman
Pd.: Non me esquezo do tal Xabi...
...A todo porco lle chega o seu San Martiño!
extra extra extra, exclusiva, batman pode que sexa pietro pandurini
eu estou con batman, os que fan as comparacións falocráticas teñense que ir mirar o vitrinario, que igual son eles "los que cojean" jajajaqja veña, xa me tarda a próxima entrega de "h" noraboa artistas¡¡¡
E...
...ese un...
non será o xusticieiro das copas que se adicou co seu colega o carniceiro e o noso protaghonista H, a limpar de merda a zona dos pubs nos 90?.
...the answer is blowing in the wind...
...la, la, la!
Deixar un Comentario