A rebelión das histéricas
xosi @ 23:22
Nun deses paseos ao chou pola rede, descubrín un vídeo musical da artista arxentina Liliana Felipe que me pareceu do máis retranqueiro, por non dicir unha vinganza con armas de muller –intelixencia, nomeadamente- contra a misoxinia latente que impregna toda a teoría psicanalítica de Sigmund Freud. En Las histéricas, do seu disco El hábito, Liliana dálle un bo repaso aos postulados do Sexismundo, tan susceptíbeis de ser rescatados pola posteridade para chanzas e mofas varias como as que lle fixo quen isto escribe a Pedro Panduriño na sétima entrega de H. Déixovos, sen máis, coa canción e coa súa letra, dotada dunha agudeza tan hilarante como demoledora, sarcástica a máis non poder, orgullosa... Para gozala.


Chúzao
del.icio.us







Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario