Quinta entrega de H
xosi @ 10:05Foi nun tétrico tugurio dos arrabaldes de Millí. Un poli de paisano despachaba tras da barra, un tal Branco, que aproveitaba a súa dobre condición de barman para trapichear o que non daba como axente da lei. Entre os seareiros da baiuca había un mozote torpón que, con xesto sádico e babexando coma un obseso, non facía máis que pedirme unha fotografía do meu careto. Eu negábame unha e outra vez. Mais o Pandurini, que así se chamaba o fulano, non deixaba de invitarme a un gin tonic tras outro, un tras outro, ata que rematei arrastrando as barbas polas baldosas do bareto. Ao día seguinte, mentres forzaba ás miñas neuronas a lembrar en que cranio habitaban cun baño quente de escuma e Alka Seltzer, descubrín aterrado que lle recortaran ao meu carné de conducir a foto. E preguntarédesvos, ¿como demo o soubeches estando na bañeira? Moi sinxelo: bañárame vestido, polo que non me foi difícil dar coa carteira. Hoxe, moi ao meu pesar, publico as consecuencias daquela noite de esmorga. A miña imaxe serviulle ao tal Pandurini para crear ese espantallo con quimono bautizado como Cho-Tsi. Menteille unha posíbel censura e el ameazou con cortar a billa da banda deseñada. Non hai que lle facer. Consólame saber que non fun o único, como ben veredes nas páxinas que seguen. Para a seguinte entrega seica sae unha moza ben guapa vida dende os páramos bercianos. Pero non vos fagades ilusións; aparece vestida de máis. Ha ser polo frío...

Créditos: Cho-Tsi (Xosé García); o anano (el mesmo); sr. Rallini (Raias); sr. Chiquitini (Chiqui); fotografía (Enrique Huxtable-Quique; H-el mesmo)
Continuará. Próxima entrega, o vindeiro venres 23 de maio.



Chúzao
del.icio.us




Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario