Cuarta entrega de H
xosi @ 09:28E seguimos coa presentación de personaxes. O conto de nunca acabar. ¿Será este cómic unha desas novelas gráficas corais que tenta retratar as desapiadadas relacións humanas dos baixos fondos dunha simbólica vila que reflicte ao fin e ao cabo as máis baixas miserias da alma humana das que dun xeito ou doutro todos e todas participamos pois o home como ben dixo Hobbes é un lobo para o home e o Pedro Panduriño busca expresar esa atroz verdade a través dos lúcidos trazos do seu lapis dándolle un sentido e significacións ocultas a unha trama en aparencia superficial pero que no máis fondo coma se fose deliñada con tinta invisible cifra unha mensaxe que xostrega nas estruturas mentais máis reprimidas da nosa psique e nos obriga a unha evolución dolorosa que nos fai medrar e sermos máis nós mesmos partindo dende a base dun autocoñecemento crítico e consciente do noso eu espiritual que xacía enterrado por décadas de morralla sociocultural aprendida e aprehendida nun alienador proceso educativo do que fomos vítimas Electras e Edipos pola venia dos nosos pais e das nosas nais para mergullarnos nun devir vital no que nos transformamos de vermes repulsivos a elegantes crisálidas que nos expresamos futilmente a través do consumo de creacións culturais coma as publicadas neste blog ás que nos sometemos e que ao fin e ao cabo o único que fan é alimentar os nosos egos para construír imaxes de nós mesmos que non son máis que a imaxe que pensamos que os demais teñen de nós e así ad aeternam mais sendo como é a vida nada máis ca un lene sopro un breve aire segundo o Eclesiastés para que demo estaraste a preguntar pregunta isto quen isto escribe? Para nada. Algo tiña que poñer e non se me ocorreu outra cousa. De seguro que o personaxe de hoxe, o Enrique Huxtable, non lle dá tantas voltas ás cousas. Deica outra.
Créditos: Enrique Huxtable (Quique)
Continuará. A próxima entrega será o vindeiro venres 16 de maio.



Chúzao
del.icio.us




Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario