Somos azuis
xosi @ 07:22Sen chegar a abominar do fútbol, non me chama moito a arte de darlle patadas a un balón. Mais iso non é óbice para que non me lembre neste blog do acontecemento da fin de semana en Melide: o ascenso do CIRE a segunda autonómica. A sesta de Breixo impediume estar na chegada da equipa á fonte dos catro canos en tractor, despois dese épico seis a cero que lle meteron ao Visantoña de Mesía. Mais si que os vin na rúa dos viños, cheos coma caldeiros, celebrando o medre en categoría. Quede aquí esta imaxe como recoñecemento á nova xesta do deporte melidense.


Chúzao
del.icio.us




Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario