Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: H

Décimo sétima entrega de H

xosi 08/08/2008 @ 19:22

h-17-pequeno.gif

Créditos: Gorila 1 (Penas); gorila 2 (Xabi); Lady Chorrito (María); axente Blanco (Óscar do Lar).

Continuará. A próxima entrega será o vindeiro venres, 15 de agosto.

Décimo sexta entrega de H

xosi 01/08/2008 @ 16:14

h-16-pequeno.gif
Créditos: Axente Blanco (Óscar do Lar); gorila 1 (Penas); gorila 2 (Xabi).

Continuará. A próxima entrega será o vindeiro venres, 8 de agosto.

Décimo quinta entrega de H

xosi 25/07/2008 @ 09:00

h-15-pequeno.gif
Créditos
: H (Henri); axente Blanco (Óscar d'O noso lar); Pietro Pandurini (Pedro Panduriño); gorila (Xabi).

Continuará. A próxima entrega será o vindeiro venres, 1 de agosto.

Décimo cuarta entrega de H

xosi 18/07/2008 @ 19:30

h-14-prensa-pequeno.gif

h-14-cadro-pequeno.gif

h-14-pequeno.gif

Créditos: H (Henri); axente Blanco (Óscar do Lar); Pietro Pandurini (Pedro Panduriño). Guión e debuxos: Pedro Panduriño. Comentarios, fotomontaxes e maquetación xornalística: Xosi

A próxima entrega o vindeiro venres, 25 de xullo (patria e Jonnhy Winter mediante)

Décimo terceira entrega de H

xosi 11/07/2008 @ 16:09

h-13-prensa-pequeno.gif

h-13-pequeno.gif

Créditos: Joe Lynn Froiterer (Joselín o da froita); Sucso o Rei do Secso (Suso de Brañas); Pietro Pandurini (Pedro Panduriño); H (Henri); axente Blanco (Óscar Blanco).

Continuará. A próxima entrega será o vindeiro venres, 17+1 de xullo (Vade retro Satanás!! Meigas fóra!!)

Duodécima entrega de H

xosi 04/07/2008 @ 18:20

h-12-lama-free-tibet-pequeno.gif

h-12-ilegales-grande.gif

h-12-pequeno.gif

Créditos: O anano (Guillermo Casado); Jack Lama (Óscar Lama)

Continuará. A próxima entrega será o vindeiro venres, 11 de xullo.

Undécima entrega de H

xosi 30/06/2008 @ 08:32

h-11-pandurinho-pequeno.gif

Dicía no último post que a entrega de H desta semana publicaríase puntual Bob Dylan mediante. Mais ocorreu que o señor Robert Zimmerman foi o causante de que nos fose imposíbel publicala no prazo pactado; por se non abondase, o rato avariouse e tíveno que levar ao veterinario. Velaí vos vai, xa que logo, máis tarde ca cedo, o desenlace dese épico combate entre o axente Blanco e o anano, cal se de Aquiles e Héctor se tratase, empregando ambos o máis refinado e letal das súas artes guerreiras, todo un repertorio que ficará gravado con letras de ouro nos anais dos combates corpo a corpo da historia da humanidade. Vai tamén, de reforzo, este retrato do autor do cómic que, amabelmente, fixo un anti-fan da serie. Creo que é un boa imaxe desas que reflicten a alma do figurante. Cun autor así, ¿que historias podemos agardar?...

h-11-pequeno.gif

Créditos: Axente Blanco (Óscar); o anano (Guillermo Casado).

Continuará. A próxima entrega será o vindeiro venres, 4 de xullo.

Décima entrega de H

xosi 20/06/2008 @ 17:03

h-recorte-cabechas-pequeno.gif

h-10-portada-pequena.gif

h-10-1-pequeno.gif

h-10-2-pequeno.gif

Créditos: Axente Blanco (Óscar); o anano (Guillermo Casado); Lee Tron (de fondo, na portada: Riki)

Continuará. A próxima entrega será o vindeiro venres, 27 de xuño, Bob Dylan mediante.

Novena entrega de H

xosi 13/06/2008 @ 16:30

Unha semana máis, H chega á pantalla dos vosos ordenadores. Máis violencia gratuíta, máis homazos de esgrevia fisionomía –bandullos e paquetes a esgalla ad maiorem gloriam da homosexualidade reprimida do autor-, e un guión antineuronal que atenta contra a intelixencia dos lectores de máis paupérrimo coeficiente intelectual. Podería abondar nas ostentosas pegadas da obsesión falócrata de Pedro Panduriño, pero o conto xa aburre. Supoño que, a estas alturas, todos vos decatariades de que o escudo da Polís, baseado nun cruceiro (¿que forma teñen os cruceiros, meus?), ten nel a un Pantocrátor (¿ou debería dicir falocrátor?) que sostén en ambas mans cadanseu obxecto apirolado onde os haxa: unha pistola, da que xa temos falado, e unha porra. ¿E que me dicides dos Bee Gees asasinos, ese protervo trío policial no que semella que se infiltrou o macarra amaneirado de Village People? Respecto deste último, o de bigote, se o cebamos un pouco sáenos o Ron Jeremy. Cravado. Todo encaixa.

Nembargante, a min o que máis me chamou a atención foi a última viñeta da primeira páxina desta entrega, ese primeiro plano de tres bocas babexantes, luxuriosas, lúbricas, lábiles, lascivas, promiscuas, voluptuosas... Estou vendo ao Pedro lambendo os seus beizos coa punta da lingua namentres debuxaba estas bocas coa man dereita –é destro- ao tempo que non se sabía por que ignotos currunchos da súa anatomía andaba coa esquerda.

Non quería deixarvos sen mencionar que, por fin, tras oito entregas, alguén tivo a ben deixar un comentario no blog respecto do cómic, o cal demostra que temos un lector cando menos, e que as dúas leitugas que lle din a Pedro o outro día en concepto de dereitos de edición por H vanme deixar en números vermellos, visto o éxito deste réprobo opúsculo gráfico (dispensando a aberrante esdruxulización). Comentaba o noso ínclito lector, a quen habería que facerlle un monumento polo seu estoicismo e bonhomía, que ao Pedro Panduriño cústalle saír do armario, polo que non estaría de máis axudarlle cun par de couces ben dados; eu propuxen, como alternativa antiséptica, pechar o armario con chave para que non dea saído del. En calquera caso, creo que este é un debate interesantísimo dadas a súa fondura e transcendencia, polo que animo a todos aqueles internautas que o desexen a deixar o seu grauciño de area na sección dos comentarios ou, se lles aburren os exercicios intelectuais opíparos, a insultar directamente ao comicastro que está a perpetrar H para ver se lle vén o sentidiño. Se non hai máis remedio, ata a semana que vén.



h-9-portada-pequena.gif

h-9-1-pequeno.gif

h-9-2-pequeno.gif

 

Créditos: Axente Blanco (Óscar Blanco); axente 1 (Buco); axente 2 (Ramón de Comercial Ares); axente 3 (Xabier Cabezudo).


Continuará. A próxima entrega será o vindeiro venres, 20 de xuño.

 

 

Oitava entrega de H

xosi 06/06/2008 @ 17:01

Non farei declaracións. Esta semana, non. Onte veu á miña casa unha patrulla da Millí Polís. Son boa xente, va que si. Botaron unha parola comigo, como amigos, si, como amigos. Moi corteses eles. O do brazo roto e o ollo morado foi por unha caída parva. Estaba a fregar o andar de arriba, esvarei coa auga, e caín a reboladas pola escaleira abaixo. ¡Mira ti que babecada! Si, xa sei. Os cadáveres tiroteados dos dous activistas de Amnistía Internacional que apareceron no xardín da miña casa dan que pensar. Cadroulle. É que somos porto de mar; haiche moito trallado na pesca de altura. Pasan medio ano no gran sol, desembarcan no porto de Millí, e chimpan o primeiro que teñan a tiro, unha prostituta ou un sindicalista, tanto lles ten. Os catrocentos cascos de bala tamén teñen a súa explicación. Douscentos por barba. Pura matemática, doado de entender. Se cadra o langrán que o fixo non anda á pesca do bonito e trafica con armas. Dan máis pasta. Algo pareceume oír, pero tiña os cascos postos con ZZ Folk a todo volume. Así que non sei nada. Aínda que me mates, non che podería dicir nada. En calquera caso, en Millí estamos protexidos e amparados polos mozotes do corpo de policía. Xente san, oes, xente san. Somos primeiro mundo e non unha ditadura bananeira, ¡que carallo! Aquí vivimos en paz e temos liberdade de expresión, tal e como corrobora o feito de que eu poida escribir o que me pete neste blog. Citando a Augusto Pinochet, santo varón que guía co seu exemplo aos nosos axentes da orde “liberdade si, pero non libertinaxe”. Eu non me meto contigo, ti non te metes comigo, e todos en paz. E se fas o contrario es un comunista de merda e ha caer sobre ti todo o peso da lei. Despois non digas que non te avisei. Porque colegas si, os da Millí Polís son colegas, pero como rompas a norma han estar aí para amosarche o recto camiño. E seica teñen métodos moi persuasivos. Pero creo que xa estou a falar de máis. De máis para alguén que, coma min, non sabe nin escoitou nada. ¿Que como nos vai por Millí? Pois ben. Seica dá sol para esta fin de semana.

h-8-portada-milli-polis-peque.gif

h-8-1-peque.gif

h-8-2-peque.gif

Créditos: Axente Blanco (Óscar Blanco); axente 1 (figurado); axente 2 (Ramón de Comercial Ares); axente 3 (Xabier Cabezudo).

Continuará. A próxima entrega será o vindeiro venres, 13 de xuño.