Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: H

Sesaxésimo primeira entrega de H

xosi 19/07/2009 @ 18:19

"Deus morreu. Deus segue morto. E matámolo nós. Como poderiamos reconfortarnos, os asasinos de todos os asasinos? O máis santo e o máis poderoso que o mundo posuíu desangrouse baixo os nosos coitelos: quen limpará este sangue noso? Que auga nos limpará? Que rito expiatorio, que xogos sagrados deberiamos inventar? Non é a grandeza deste feito grande de máis para nós? Debemos semellar dignos dela?"

Nietzsche, A gaia ciencia, 125

h-61-pequeno.jpg

Créditos: Pomba (Deus)

Continuará. A próxima entrega debería ser o vindeiro venres, 24 de xullo

Sesaxésima entrega de H

xosi 10/07/2009 @ 11:48

h-60-pequeno.gif

Créditos: Deus (pomba); Comisario Cabecha (Xabier Cabezudo)

Continuará, a próxima entrega será o vindeiro venres, 17 de xullo, sempre e cando o debuxante dea saído da previsible nugalla etílica na que recaerá durante as festas do Carme.

Quincuaxésimo novena entrega de H

xosi 03/07/2009 @ 09:18

Xa van máis de medio cento de entregas de H. Non é pouca cousa. Cómpre felicitármonos a nós mesmos como lectores por levar máis dun ano de lectura sen que a trama dea chegado a ningures (realmente, hai trama?); e darlle os parabéns, como non, ao ínclito Pedro Panduriño, autor da saga e que, nos últimos tempos, tenme algo preocupado. Direivos de seguido o por que.

Como ben sabedes, e como ben se analizou neste blog polo miúdo, Pedro Panduriño é un homosexual reprimido (pido desculpas de antemán ao colectivo gay por relacionalo con xentalla desta caste). Nembargante, semella, polo que podemos ver na entrega de hoxe, que a súa insania psíquica vén de dar outra volta de rosca. Nas últimas viñetas, o noso homosexual reprimido valeuse de toda unha cohorte de machos membrudos para derribar unha das torres da igrexa parroquial de Millí. Non abondaremos na simboloxía fálica e autoritaria do elemento arquitectónico, senón na acción que se lle aplica: a demolición. Semella coma se todas esas rafas balístico-exaculatorias saídas de pistolas, revólveres, metralladoras, lanzamísiles buscasen inconscientemente o derrube do máis alto símbolo de masculinidade que alberga a mente enferma de Pedro Panduriño, símbolo que, con toda probabilidade –pescudas posteriores deberán confirmalo- estivo en contacto directo co noso debuxante dende a máis tenra infancia.

Xa que logo, atrévome a afirmar que a brutalidade das últimas escenas supoñen unha lapidación sen retorno, definitiva, da homosexualidade reprimida do Pedro Panduriño. A parte represora da súa psique gañou a batalla, mais a un alto prezo. Aventuro a seguinte hipótese á luz da entrega de hoxe que, creo eu, é ben ilustrativa. O autor, sempre a través dos seus personaxes, mata a Deus. O tema non é novo e non nos debería escandalizar en pleno século XXI. Enunciada polo filósofo alemán Friedrich Nietzsche a finais do XIX, a significación da morte de Deus para o ser humano é que este último fica absolutamente libre, sen morais nin crenzas impostas, pero sen valores, sen ningunha agarradeira espiritual ou psíquica na que termar da súa existencia. Ese ser humano libre pero coxo e as consecuencias da súa ousadía foron máis que analizados pola filosofía existencialista e a psicoloxía. Baste citar a autores tan representativos como Kierkegaard, que falou da “vertixe da liberdade”, Heidegger e a súa “anguria vital” ou Jean Paul Sartre, que tan ben definiu ese estado do ser -o de estarmos condenados a sermos libres- na súa celebérrima obra A náusea; a análise psicolóxica executada por Erich Fromm en O medo á liberdade tampouco ten desperdicio. A lectura de autores coma os devanditos revelaríanos que Pedro Panduriño, tras levar a súa neurose a extremos do máis morboso –reprimindo ferozmente a súa homosexualidade e rexeitando calquera tipo de autoridade moral que goberne as súas eivadas neuronas- está a sufrir unha aguda crise existencial. Se cadra por iso a irregularidade nas entregas de H, se cadra por iso ese traballo compulsivo –unha das fuxidas ás que, segundo Fromm, o ser humano recorre para escapar da anguria existencial- de debuxar entregas e máis entregas que nada nos din e ningunha historia nos contan. Pero o peor de todo, se cadra, amigos lectores, é que estamos a ser as vítimas indirectas da doenza mental de Pedro Panduriño polo que, e baixo a responsabilidade que me dá ser o dono deste blog, recomendo encarecidamente que deixedes de ler ou visualizar estas elucubracións neuróticas dun fulano que se ten por debuxante de cómics; poida que sexa contaxioso...

h-59-pequeno.jpg

Créditos: Deus (pomba); comisario Cabecha (Xabier Cabezudo)

Continuará. A próxima entrega será o vindeiro venres, 10 de xullo, sempre e cando non internemos ao debuxante nun sanatorio mental, isto é, nun manicomio.

Quincuaxésimo oitava entrega de H

xosi 19/06/2009 @ 12:40

h-58-pequeno.jpg

Créditos: monaguillo Corredoira (Rúa); comisario Cabecha (Xabier Cabezudo)

Continuará. A próxima entrega será o vindeiro venres, 26 de xuño, sempre e cando ao debuxante ou ao editor non lles dea polo contrario. Pacienciña...

Quincuaxésimo sétima entrega de H

xosi 12/06/2009 @ 07:13

h-57-pequeno.jpg

Créditos: Comisario Cabecha (Xabier Cabezudo); monaguillo Corredoira (Rúa)

Quincuaxésimo sexta entrega de H

xosi 03/06/2009 @ 07:13

h-56-pequeno.jpg

Créditos: Comisario Cabecha (Xabier Cabezudo); Lee Tron / Renatiño (Riqui)

Continuará. A próxima entrega será o vindeiro venres, 5 de xuño

Quincuaxésimo quinta entrega de H

xosi 22/05/2009 @ 09:45

h-55-pequeno.jpg

Créditos: Lee Tron (Riqui)

Continuará. A próxima entrega será o vindeiro venres, 29 de maio

Quincuaxésimo cuarta entrega de H

xosi 15/05/2009 @ 17:41

h-54-pequeno.jpg

Créditos: Lee Tron (Riqui)

Continuará. A próxima entrega será dentro de dúas semanas, o vindeiro venres 29 de maio.

Quincuaxésimo terceira entrega de H

xosi 11/05/2009 @ 12:38

h-53-pequeno.jpg

Créditos: Monaguillo Corredoira (Rúa); H (Henri); diácono Ioannes (Juanjo)

Continuará. A próxima entrega será o vindeiro venres, 15 de maio

Quincuaxésimo segunda entrega de H

xosi 01/05/2009 @ 16:55

h-52-pequeno.jpg

CréditosSucso o rei do secso (Suso de Brañas); Joe Lynn Froitierer (Joselín o da froita); monaguillo Corredoira (Rúa)

Continuará. A próxima entrega será o vindeiro venres, 8 de maio